Comezan os traballos para renovar a rede da auga de Guitiriz
Publicado o 29/10/2019 12:43
No concello lugués de Guitiriz comezaron os traballos para renovar a rede da auga da traída que vai ao encoro. Con isto pretenden solucionar os problemas que hai na subministracion.
Dende hai semanas a auga da traída non é apta para o consumo polo altos nives de ferro. Un informe elaborado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil establece que é precisamente no encoro onde esta o punto cos valores de ferro máis elevados.