CRTVG

Buscar

Comezaron en Santiago as visitas nocturnas á catedral

Publicado o 11/08/2021 21:45

Entrar en plena noite ao silencio dunha catedral que sobrecolle. Por baleira, por cuidadosamente e milimétricamente iluminada. Por mostrarnos a outra catedral, a que ata o de agora non se podía visitar.

E sabemos destoutra catedral grazas ás visitas nocturnas para só 25 persoas que se acaban de estrear na catedral de Compostela. Un percorrido guiado, inédito, non só pola iluminación, senón tamén porque a noite nos permite acceder a lugares que o día ten restrinxidos.

A iluminación crea unha atmosfera diferente, moi especial nun Pórtico da Gloria restaurado. Especial tamén poder estar no altar maior.

Cómpre non intentar seguir explicándo e vivilo en primeira persoa. Tanto aos composteláns como ao resto de visitantes a 'outra catedral' estanos agardando.



 

Noticias web

11/08/2021