Comezan os traballos de restauración no colexio Salesianos de Ourense
Comezan os traballos de restauración no colexio Salesianos de Ourense despois de que onte caera parte do tellado.
Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais. A caída do tellado foi ao mediodía e o forte estrondo alertou os alumnos, docentes e tamén a xente que pasaba pola zona no momento.
A superficie afectada corresponde case na súa totalidade á zona ocupada pola vivenda da comunidade relixiosa salesiana. Afectou tamén pero levemente unha aula de 1º de Bacharelato.
Os alumnos no acudirán ao colexio durante o que queda de semana. Seguirán as súas clases de manera telemática, en horario normal.
Arestora seguen cos traballos de apuntalamento das zonas lindeiras e un técnico en estruturas está facendo unha avaliación, antes de proceder á retirada dos cascallos. En principio apuntan dende a direccion do centro que non hai perigo de novas derrubas.