CRTVG

Buscar

Comezan os campamentos da Xunta, cunhas 90 propostas de ocio e coa máxima seguridade sanitaria

Publicado o 01/07/2021 22:10

Arrancan os campamentos de verán da Xunta con case 90 propostas de ocio baixo o lema "Un verán para recordar". A illa de Ons acolle un dos 35 campamentos que se presentan como un bo recurso para a conciliación familiar e que buscan dinamizar o sector do ocio e tempo libre. O ano pasado a experiencia non puido ser máis favorable e segura, como recordou a conselleira de Política Social Fabiola García, que se achegou ata o campamento de Ons.

A Administración autonómica realizará tests de antíxenos de balde aos participantes e tamén aos monitores ao inicio de cada quenda. As actividades son moi variadas nunha contorna privilexiada que os rapaces saben valorar. A ilusión xa se percibe na primeira xornada e a maioría elixiu o campamento pola chea de actividades.

Co éxito do ano pasado, sen incidencias nin gromos, as familias galegas volven confiar nesta iniciativa xa que o 98 por cento das prazas ofertadas xa foron cubertas.

Noticias web

01/07/2021