Comezan en Mondoñedo os traballos para probar novos prototipos contra a néboa na A-8
Sete anos despois da súa inauguración este treito da A-8 en Mondoñedo segue sen unha solución definitiva que evite os continuos peches por mor da néboa e o perigo que provoca.
O Ministerio de Transportes vai experimentar con dous avanzados prototipos: un, con aspersores, que elimina a néboa para convertela en chuvia, e outro con barreiras cortaventos que tamén podería evitar que se interrompa a visibilidade para os condutores. No polémico alto do Fiouco comezaron xa os traballos para instalalos.
Entre os usuarios hai tamén certa desconfianza. Algúns propoñen outras solucións.
Cun investimento superior aos cinco millóns e medio de euros, antes do verán poderían estar xa en probas os catro prototipos seleccionados para loitar contra a néboa, causente hai xa case sete anos dun grave accidente múltiple. Durante o pasado ano obrigou a pechar este treito máis de 500 horas.