CRTVG

Buscar

A catedral de Santiago inaugura o seu programa de visitas guiadas nocturnas

Publicado o 10/08/2021 15:04

Non chega a cousa a ter que ir dando puñazos para conseguir entradas ás visitas da catedral, pero case. Comprobamos que todo o catedralicio interesa, e moito. Sobre todo, acceder ao interior. Pero as dúbidas catedralicias no Obradoiro son constantes e variadas.

Moitos tampouco saben que, desde esta noite, en dúas quendas, ás dez e media e ás once, en grupos de 25 persoas, será posible visitar a catedral de noite, con guía, por 25 euros.

Sen billetes de momento ata dentro de dez días para entrar na catedral de noite e visitar lugares que non son accesibles normalmente: o tesouro, a tribuna ou a capela das reliquias.

Para ver o Pórtico da Gloria agora mesmo hai que esperar a primeiros de setembro. Na web entradas.catedraldesantiago.es están os billetes, que, coa demanda que hai, están sendo para os máis rápidos.


 

Noticias web

10/08/2021