CRTVG

Buscar

Comezan as vacacións de xullo para moitos galegos

Publicado o 01/07/2021 14:57

Comeza o mes de xullo e con el as vacacións de moitos galegos, as segundas nunha situación que pouco ten que ver co que estabamos habituados, pero que se collen con moitas ganas. Despois doutro ano complicado, dende as axencias de viaxes xa falan dunha leve recuperación. Aínda que a incerteza e o medo seguen a estar aí, a xente ten ganas de viaxar. 

Dende o sector hoteleiro falan dun crecemento das reservas bastante lento pero cunha importante diferenza con respecto do verán pasado. Polo de pronto, agardan que as boas cifras se vaian rexistrando durante as fins de semana. 

Na rúa, son notables as ganas de gozar do verán, pero non todos se animan. Entre os que o farán predominan sitios tranquilos, ao aire libre e afastados das masificacións. 

Noticias web

01/07/2021