CRTVG

Buscar

COMEZAN AS TRAIÑAS

Publicado o 22/06/2019 13:51
COMEZAN AS TRAIÑAS

Foron meses de adestramento recabando datos no ergómetro. Agora toca preparar os remos e sair á auga, na primeira proba cun mar de dúbidas.

Serradilla: "É unha incógnita, non temos ningún dato dos rivais, igual que eles non teñen ningún dato noso. Imos a cegas, a primeira regata imos a cegas sempre".

Comeza esta tarde a Liga Eusko Lábel cun só representate galego, Cabo da Cruz. Unha temporada na que tivo que reinventarse coa perda de sete titulares para manter o prestixio do noso remo diante dos xigantes do País Vasco. Iago Davila: "Todos os remeiros temos moi claro a onde vamos e quen somos. A onde vamos temos moi claro que imos a sufrir".

Desde as seis e na nosa segunda canle veremos a estrea da liga cunha contrarreloxo no Río Nervión.

Noticias web

22/06/2019