CRTVG

Buscar

Comezan as restricións e o peche perimetral na comarca de Bergantiños, agás na Laracha

Publicado o 14/11/2020 15:15

Hoxe moitas persianas quedaron sen abrir en Carballo. Obrigados para tentar poñerlle portas ao virus. É o primeiro día de restricións especiais neste concello de 30.000 habitantes, e tamén nos veciños Coristanco, Ponteceso, Malpica, Laxe e Cabana de Bergantiños. Unha nova comarca pechada. Só A Laracha queda fóra deste peche perimetral que afecta a case 60.000 persoas.

Pechou a hostalería agás para servizo de recollida e reparto a domicilio.
As reunións quedan limitadas a conviventes.
E no caso de Carballo, tamén se restrinxe o acceso aos parques infantís. Explica o alcalde, Evencio Ferrero, que tomaron a decisión polo elevado número de casos positivos en alumnos de infantil e primaria no colexio Fogar, con trinta casos confirmados.

O obxectivo destas medidas é reducir a taxa de contaxios porque a incidencia acumulada nalgúns destes concellos triplica a media de Galicia.

Toca coidarse e agardar tempos mellores na comarca de Bergantiños.
 

Noticias web

14/11/2020