CRTVG

Buscar

Comezan as probas de revalida para 40.000 alumnos

Publicado o 28/05/2019 16:49

Uns 40.000 alumnos están convocados hoxe martes e mañá mércores aos exames de avaliación en toda Galicia. Son probas sen validez académica e fanse en terceiro e sexto de primaria, e en cuarto da ESO.

Son as probas creadas pola Lei Wert que o seu sucesor, o ministro Méndez de Vigo, converteu nunha proba de carácter mostral. A Consellería de Educación estableceu que en 3º de primaria se faga en todos os centros de Galicia. 

Noticias web

28/05/2019