CRTVG

Buscar

Comezan as oposicións de Educación en Galicia con case 26.000 aspirantes

Publicado o 19/06/2021 15:26

"Coa praza sempre contas porque todos merecemos a praza pero despois depende de como fagas o exame"
"É un exame diferente pero o estudo é o mesmo, a antelación é a mesma e os nervios que te comen por dentro son os mesmos", di unha aspirante.
Cos nervios de sempre pero cun protocolo e unhas medidas de seguridade obrigadas.

Hai 25.710 persoas inscritas nestas primeiras oposicións de Educación en situación de pandemia. A Xunta obtou por descentralizar os exames, que se celebran en 23 localidades do país, e por duplicar o número de tribunais encargados do proceso.
"Xa levamos todo un curso de experiencia coas máscaras e o hidroxel, foi doado, a verdade", explica María Gómez, presidenta do tribunal 31 de educación infantil . "Son moitas horas de traballo e protocolo covid para que todo saia ben" engade Natalia Fernández, presidenta do tribunal 1 de bioloxía e xeoloxía.

Os que se examinan neste colexio de Santiago obtan a unha praza en educación infantil
"Xogamos moito neste momento pero, preparadas para o que saia".
"Foron dous anos duros, sobre todo no confinamento, de seguir estudando sen saber que ía pasar".
"Non a puiden preparar, por circunstancias persoais, como me gustaría".
"Expectativa, sacar a praza este ano", comentan varias aspirantes.
Hai probas tamén para primaria, secundaria e FP.
"Estamos falando dunha oferta de prazas amplísima. Entre este ano e o seguinte son case seis mil, sete mil novas prazas. O cal quere dicir que hai unha renovación xeracional significativa que tamén contribúe a modernizar e apostar por un ensino de calidade", di Román Rodríguez, conselleiro de Educación.

Os exames rematan o día 25. Con todo, os opositores que se encontren en corentena nestas datas, poderán facer a proba o 10 de xullo.

Noticias web

19/06/2021