CRTVG

Buscar

Comezan as obras no antigo Materno de Lugo

Publicado o 20/02/2020 15:11

Arranca a reconversión do antigo hospital Materno de Lugo. Aproveitarase a maior parte da estrutura e os traballos centraranse en desmontar o seu interior antes de facer pequenas demolicións. Inícianse así as obras de execución do que será o primeiro centro integral de saúde de Galicia.

O obxectivo é achegarlles os servizos aos veciños da zona e revitalizar de novo o barrio da Residencia.

Un centro de emprendemento, dúas oficinas de emprego e unha residencia da terceira idade serán outros dos servizos que se poñerán en marcha nas instalacións da antiga residencia.

Noticias web

20/02/2020