CRTVG

Buscar

Comezan as obras de mellora do Camiño Francés no Monte do Gozo

Publicado o 23/09/2019 14:52

Os obras de mellora e integración paisaxística do Camiño Francés na baixada do Monte do Gozo buscan que a entrada na cidade sexa máis cómoda, segura, accesible e humana. Isto suporá beneficios para os peregrinos e tamén para os veciños da zona.

A Xunta investe nestas obras 845.000 euros. O prazo de execución é de 9 meses. A iniciativa enmárcase na actuación estratéxica cara ao Xacobeo 2021 para reordenar os espazos públicos do Camiño de Santiago.

As obras comezan agora, nun mes en que os camiños de Santiago seguen ben animados, especialmente o francés. Este setembro semella que están a chegar máis peregrinos que en anos anteriores.

"Comentan que hai máis xente do que esperaban nos albergues, pero está ben. Non está moi masificado".

E é que moitos elixen setembro para fuxir dos meses en que os camiños están máis concorridos.

"Procuro evitar os meses de xullo e agosto pola masificación que adoita haber".

O último rexistro diario, o deste domingo, indica que recolleron a compostela 1.421 peregrinos.

Noticias web

23/09/2019