CRTVG

Buscar

Comezan as declaración dos principais implicados na morte de Maradona

Publicado o 15/06/2021 09:19
Comezan as declaración dos principais implicados na morte de Maradona

Comezaron na Arxentina as declaracións dos principais implicados na morte de Diego Armando Maradona. O primeiro en declarar foi o enfermeiro, supostamente a derradeira persoa en velo con vida. O sanitario declarou que a atencion domiciliaria fora deficitaria e que as condicións da vivenda en que permanecía ingresado eran deplorables. Tamén asegurou que se falsificou a sinatura de Maradona cando este xa estaba morto. Ademais, asegurou que advertira o equipo médico dos perigos da taquicardia que padecía, pero que ninguén lle fixo caso. 

Noticias web

15/06/2021