Comezan a realizar medicións de tráfico nalgunhas rúas de Lugo para estudar como organizar a peonalización
Publicado o 03/03/2020 14:25
Evitar o tráfico e a súa contaminación, darlles protagonismo aos peóns, e protexer un monumento bimilenario Patrimonio da Humanidade. Son os obxectivos do plan para peonalizar a zona da Mosqueira.
O principal inconveniente é reorganizar o tráfico. Nas posibles vías alternativas intaláronse unha bandas que miden o fluxo de vehículos para estudar a situación actual e crear un novo plan de mobilidade.
Son os primeiros pasos dun ambicios proxecto que aspira a peonalizar por completo a contorna da muralla romana.