CRTVG

Buscar

Comezan a pechar os hospitais de campaña de Portugal

Publicado o 18/02/2021 17:29

A situación sanitaria en Portugal segue sendo preocupante, pero as cifras dan un respiro. Os ingresados nas UCI baixan cada día e os hospitais de campaña comezan a pechar.

O pico xa queda atrás. Ese pico no que Portugal tivo que enviar doentes ás súas illas e mesmo a países europeos. Hoxe este pavillón polideportivo de Viseu pecha as súas portas despois de acoller durante un mes ducias de enfermos con covid. En Portimão, no Algarve, tamén pechou outro hospital de campaña. Son os primeiros de moitos, din dende Sanidade, pero iso non significa que vaian relaxar as medidas. Portugal segue en confinamento xeral, coas fronteiras con restricións e os colexios pechados. E así seguirá mínimo ata despois de Semana Santa. 

Noticias web

18/02/2021