Comezan a instalar un hospital militar en Asturias
Publicado o 19/03/2020 23:18
O exército comezou a instalar un hospital de campaña no aparcadoiro do hospital central de Asturias, en Oviedo. Está previsto que se monten instalacións semellantes en Xixón e en Avilés. Nestas áreas, farán un filtrado previo dos pacientes antes de pasalos aos hospitais. Tamén habilitarán unha sala de radioloxía portátil para facerlles probas aos casos dubidosos.