Comezan a funcionar as unidades de seguimento poscovid
Tras superar a covid, son moitos os pacientes que requiren dun seguimento do seu estado de saúde. Os enfermos máis graves arrastran secuelas e nalgúns casos leves os síntomas persisten meses, é a covid prolongada, casos que na súa maioría estan sen diagnosticar.
"Moitos pacientes necesitan atención psicolóxica, rehabilitación e logo están os pacientes que pasaron a enfermidade na casa e teñen sintomas persistentes", María Dolores Díaz, coordinadora da unidade poscovid do CHUO.
As unidades poscovid queren chegar a todos os pacientes que foron diagnosticados con covid. Faráselles unha enquisa voluntaria para determinar que casos requiren dun seguimento.
"Centralizar datos, máis relación con primaria, unificar criterios", engade a doutora Díaz.
Haberá unha unidade en cada área sanitaria e estará formada por persoal de primaria, enfermería, pneumoloxía e medicina interna.