CRTVG

Buscar

Comezan os tests de antíxenos en Alvedro cunha participación do 15 %

Publicado o 26/03/2021 17:31

Comezaron a facerse os test de antíxenos no aeroporto da Coruña. Dende este venres, todo aquel viaxeiro que chegue á terminal de Alvedro pode someterse esta proba de carácter voluntario que se está desenvolvendo na zona de chegadas do aeroporto.

O Sergas escolleu este aeroporto de Alvedro para iniciar as probas porque a área sanitaria da Coruña é a que presenta unha maior incidencia de Galicia. A intención é estendelas nos próximos días ao resto de terminais e ás estacións de tren da nosa comunidade.

Noticias web

26/03/2021