CRTVG

Buscar

Comezan a declarar nos xulgados os traballadores de Ence que increparon a Lores no interior do Concello

Publicado o 13/09/2021 16:15

O pasado mes de marzo, un grupo de traballadores de Ence entraron no concello de Pontevedra e increparon o alcalde, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, que tivo que saír escoltado pola Policía Local.

Pedían a permanencia da pasteira na ría de Pontevedra. A protesta rematou con 13 traballadores denunciados por invadir as dependencias municipais. Ramiro, un dos traballadores denunciados, foi citado este luns para prestar declaración ante o xuíz.

Ramiro estivo en todo momento arroupado polos seus compañeiros. Os sindicatos din que a xudicialización desta protesta por parte de Lores é improcedente.

As outras doce persoas que foron denunciadas por estas protestas aínda non recibiron a citación xudicial.

Noticias web

13/09/2021