CRTVG

Buscar

Adiantan a colocación da iluminación de Nadal de Vigo para garantir a seguridade

Publicado o 19/08/2020 14:53

As luces de Nadal volven ser protagonistas na cidade de Vigo en pleno mes de agosto. A súa colocación comezou este mércores. 10 millóns de luces led que iluminarán 334 rúas. 

20 días de adianto na súa colocación para garantir a seguridade dos traballadores da empresa. Estarán listas en novembro, ao igual que os protocolos que se porán en marcha para evitar aglomeracións.

Unha medida é trasladar a árbore de Nadal a Policarpo Sanz, por ser unha rúa máis ampla e con maior superficie para garantir o distanciamento social. Outra será a colocación de medidores de capacidade nas rúas para evitar aglomeracións.

Quedan catro meses para un Nadal que se acenderá en novembro pero que será moi diferente ao que nos amosan estas imaxes de hai case un ano. Neste 2020 miraremos o ceo de Vigo con máscaras e garantindo a distancia social.

Noticias web

19/08/2020