CRTVG

Buscar

Comeza a citación de maiores de 80 anos para recibiren a vacina

Publicado o 17/02/2021 14:32

Se vostede é unha persoa de máis de 80 anos, estea atenta ao teléfono. O Sergas comezou a citar o novo grupo de idade que se vai vacinar contra a covid−19 a partir do vindeiro luns.

O equipo de citación da área sanitaria de Ourense traballa no centro de chamadas dende as 8:00 ata as 21:00 horas. Iniciaron a citación polos apelidos da letra H, que foi a que saíu no sorteo.

Na provincia de Ourense poñerán unha vacina cada oito minutos. As autoridades sanitarias prevén administrar na primeira semana máis de 4.400 doses dun total de 32.000.

Segundo os cálculos do Sergas, na primeira semana de maio todas as persoas maiores de 80 de Galicia estarán inmunizadas. 

Noticias web

17/02/2021