CRTVG

Buscar

A vacina de Janssen comeza a administrarse en Galicia

Publicado o 22/04/2021 14:38

• Hoxe está previsto poñer unhas mil en domicilios de grandes dependentes

• "Agora estou máis tranquila", di Rosa, a quen vacinaron na súa casa

Ferrol pon en marcha un servizo de acompañamento para ir vacinarse

Xa hai galegos vacinados con Janssen, o primeiro soro e único de momento dunha soa dose. Comezaron por persoas que non se poden desprazar dos seus domicilios.

Saen do centro de saúde de Verín as primeiras doses de Janssen, xa preparadas.

Á porta da vivenda agarda impaciente o marido da primeira destinataria, Rosa, encamada e gran dependente.

A vacina de Janssen é monodose. Cunha única inxección queda inmunizada.

"Xa estaba contenta, pero agora estou máis tranquila", di Rosa.

Un alivio para Rosa, e para o seu home, que tamén se vacinou xa, pero no centro de saúde: "Ben. Agradecemos poder poñer aquí a vacina".

Tras o desbloqueo da vacina de Janssen, chegaron a Galicia 8.350 doses. Veñen en viais que dan para cinco ou seis doses cada un. A principal vantaxe, din os encargados da vacinación, é que se administra nunha única dose.

Enrique Lorenzo, coordinador de vacinación en Verín: "Con esta dose, no momento en que llela pos xa comezan a xerar inmunidade. Nas outras, a primeira dose crea unha porcentaxe de inmunidade, pero ata a segunda non crea inmunidade total, entón alóngase no tempo".

Ao longo do día, está previsto aplicar en toda Galicia arredor dun milleiro de doses.

Noticias web

22/04/2021