CRTVG

Buscar

Comeza unha ponte do Pilar con mellores expectativas de ocupación nas Rías Baixas que na capital galega

Publicado o 09/10/2020 21:48

Esta será unha ponte do Pilar atípica en canto ao turismo en Compostela. As cifras de ocupación en outubro do ano pasado alcanzaron o 71%, mentres que este ano están por debaixo do 7%.

As previsións xa non só de cara á ponte do Pilar, senón a todo o mes de outubro son bastante baixas: arredor dun 65% menos de turistas que o ano pasado.

Os hostaleiros tamén notan un cambio no tipo de turismo e están a recibir máis turistas nacionais e menos internacionais, ao contrario que en anos anteriores.

Moitos hoteis e pensións aínda se manteñen pechados. Algúns deles non desbotan manterse así ata final de temporada e volver abrir en febreiro ou marzo do ano que vén.

Mentres, nas Rías Baixas, os hoteis prepárane para a chegada de turistas nesta ponte.

No concello de Sanxenxo as expectativas en canto a ocupación hoteleira son boas.

Unha boa opción para gozar da ponte do Pilar é visitar as illas Cíes en pleno outono. Organízanse viaxes para ir a este arquipélago dende Cangas, Portonovo, Sanxenxo e Vigo. Inclúen visitas guiadas e a xente pode desconectar coas espectaculares visitas, dar paseos e admirar a flora e fauna.

O tempo vai acompañar e de seguro que máis dun achegarase ata a praia para darse un baño.

Noticias web

09/10/2020