Comeza unha Copa América marcada pola polémica
PREVIA COPA AMERICA
O 7 de xullo de 2019, Brasil levantaba en Maracaná a súa novena Copa América.
Dous anos despois, o torneo volve a este mesmo país envolto nunha enorme polémica que fixo perigar a súa disputa trala renuncia de Colombia e Arxentina a organizala pola situación pandémica.
Sorprende que a Confederación Sudamericana se decantase por Brasil malia ser un dos territorios máis castigados pola Covid, con preto de medio millón de mortos. De ahí que moitas das seleccións, incluída a brasileira, se manifestasen inicialmente contrarias a participar.
Curiosamente, a inauguración do torneo vai ter como protagonistas ó anfitrión Brasil e a selección venezolana, que nas últimas horas se viu castigada coa aparición de doce casos, cinco deles, correspondentes a xogadores.
Dase a circunstancia de que ambos equipos se enfrontáron na pasada edición co resultado de empate a cero, nun partido no que a canarinha se lle anularon tres goles.
Sen embargo, o estado actual do equipo dirixido por Tite convérteo no gran favorito para levarse a Copa despois de gañar os seis partidos de clasificación para o Mundial da Qatar.
Precisamente, o seleccionador mantén a mesma lista de 24 convocados utilizados na liguiña de clasificación entre os que destaca o gran estado de forma de Neymar, autor de dous goles e dúas asistencias nos últimos dous encontros.