CRTVG

Buscar

Comeza un Marisquiño con grupos burbulla e en 'streaming'

Publicado o 06/08/2021 14:01

Na mañá deste venres xa se vían os adestramentos no recinto BMX do Marisquiño. Este ano serán poucos os afortunados que poidan gozar desde dentro do festival. Sábeno ben os habituais como Naran. Malia o limitado da ocupació, dos espazos burbulla e dos horarios, o certame conseguiu encher esta fin de semana os hoteis de Vigo.

Totalmente blindado visualmente vai estar o descenso urbano, con paneis que impedirán a visión para evitar a masificación. Por iso a mellor opción vai ser velo en streaming ou na TVG.

Organizadores e hostaleiros salientan este evento que trae a Vigo a un público mozo moi interesante e fomenta un tipo de deporte e cultura urbana que ofrece unha opción máis aos turistas que recibe Galicia.

Noticias web

06/08/2021