CRTVG

Buscar

Comeza o xuízo polo crime da rúa da Estrela

Publicado o 13/10/2020 08:54

Na Audiencia Provincial da Coruña está previsto que comece esta mañá o xuízo polo chamado crime da rúa da Estrela. 

Senta no banco dos acusados Ramón Saiz González, para quen a fiscalía pide 25 anos de prisión por degolar a súa muller en xullo de 2017.

El asegura que foi un suicidio asistido, pero nin a policía nin o fiscal cren esa versión. Din que o home inventou que ela tiña cancro terminal e que se negou a ingresala nun sanatorio para ser tratada dunha depresión.

A familia da vítima pide para o acusado prisión permanente revisable.

Noticias web

13/10/2020