CRTVG

Buscar

Comeza o xuízo polo asasinato do alcalde de Polop, 12 anos despois do crime

Publicado o 13/01/2020 14:40

A Fiscalía sostén que o crime responde á animadversión persoal que o principal encausado, Juan Cano, número dous de Alejandro Ponsoda e ex-concelleiro de Urbanismo, sentía contra o alcalde e compañeiro do Partido Popular. Segundo a investigación, Cano e máis este empresario, Salvador García, planearon o crime nun prostíbulo, e encargáronlles o asasinato de Ponsoda a dous sicarios checos. A única base da acusación é a declaración dunha testemuña protexida, un antigo mercenario que, segundo dixo, rexeitou o encargo.

Cano e García enfróntanse a 25 anos de cárcere como instigadores do asasinato, e a dous menos, os outros cinco acusados, entre os que están os donos do club, os conseguidores e os presuntos autores materiais do crime, que en 2007 lle dispararon tres veces ao alcalde de Polop cando este chegaba en coche á súa vivenda. Ponsoda faleceu oito días máis tarde no hospital.

Noticias web

13/01/2020