CRTVG

Buscar

Comeza o xuízo político contra Trump polo asalto ao Capitolio

Publicado o 09/02/2021 19:23
Comeza o xuízo político contra Trump polo asalto ao Capitolio

Donald Trump enfróntase desde esta tarde ao segundo xuízo político do seu mandato. Nunca un presidente dos Estados Unidos pasara dúas veces por este proceso e nunca antes o fixera despois de abandonar a Casa Branca. Trump terá que responder polo cargo de incitación á insurrección, a raíz do asalto ao Capitolio do pasado 6 de xaneiro.

O ex-presidente xa non pode ser destituído, pero si inhabilitado para volver aspirar ao cargo. Para iso, os demócratas necesitarían polo menos o apoio de 17 senadores republicanos, unha cifra que parece improbable que se vaia conseguir.

Noticias web

09/02/2021