CRTVG

Buscar

Comeza o xuízo pola morte de George Floyd

Publicado o 29/03/2021 08:39
Comeza o xuízo pola morte de George Floyd

Comeza hoxe en Minneápolis o xuízo pola morte de George Floyd cando estaba baixo arresto policial, unha morte que desatara unha vaga de protestas contra o racismo por todos os EUA.

Na cidade sucédense as marchas para pedir que se faga xustiza. Un policía branco, Derek Chauvin, vai ser procesado pola morte de Floyd, a quen lle puxera o xeonllo sobre o pescozo durante oito minutos que acabaron coa morte do detido.

Por separado serán xulgados tamén os outos tres axentes que estaban presentes e que non fixeron nada por salvarlle a vida a Floyd. A tensión medra na cidade e o xulgado está protexido por un forte dispositivo policial.

Noticias web

29/03/2021