Comeza o xuízo pola morte de seis mineiros en León en 2013
Publicado o 05/04/2021 08:45

Este luns comeza o xuízo pola morte de seis mineiros en León. Faleceron en 2013, nun accidente nun pozo, na localidade de Llombera de Gordón. Hai 16 acusados que se enfrontan a unha pena de tres anos e medio de cárcere por un delito de homicidio imprudente.
Foi unha das traxedias máis graves da minería leonesa. No banco dos acusados senta a cúpula de Hullera Vasco Leonesa, propietaria do pozo, acusada de homicidio imprudente. Hai indicios de que os traballadores non tiñan as medidas de seguridade necesarias.
O xuízo celébrase no xulgado do Penal número 2 de León, e está previsto que se prolongue durante un mes e medio.