CRTVG

Buscar

Así funcionan os medidores de CO2 que deberán ter os restaurantes

Publicado o 15/04/2021 16:02

Son pequenos, lixeiros e colócanse en calquera parte, aínda que, preferiblemente, preto dun enchufe para que non se descargue a batería. Son os medidores de CO2 que dende esta fin de semana comezaremos a ver en todos os restaurantes. Unha nova medida, que permitirá reforzar aínda máis a seguridade sanitaria na hostalería e axudará a previr calquera contaxio. Aínda que serán obrigatorios dende mañá, algúns hostaleiros xa os incorporaron hai meses.

Manuel Expósito ten un restaurante:  "Cando se carga o ambiente, sobe e pode chegar a 800. Nese intre activamos a ventilación".

Os aparellos van estar nuns 2.500 establecementos galegos. A súa misión é alertar cando o nivel de CO2 no ambiente se sitúa por riba das 420 partículas por millón. Pero tamén servirá para dar aínda máis confianza aos clientes dos locais.

Os expertos recomendan colocar os dispositivos nos lugares menos ventilados para que as medicións sexan o máis exactas posible.

Noticias web

15/04/2021