CRTVG

Buscar

Comeza o proceso para declarar Ben de Interese Cultural a casa Cornide

Publicado o 24/05/2021 16:51

Novo paso adiante no proceso para declarar a casa Cornide da Coruña como Ben de Interese Cultural. O Diario Oficial de Galicia publica este luns a resolución coa que se inician os trámites para a protección integral deste inmoble en mans da familia Franco.

O expediente ten en conta o valor do edificio como exemplo da arquitectura da Ilustración e conta cos informes favorables do Consello da Cultura, a Real Academia Galega e a Universidade da Coruña.

O Conselleiro de Cultura asegura que hai dous anos de prazo para aprobar o BIC, pero desde agora mesmo a Casa Cornide xa goza dunha protección especial.

Noticias web

24/05/2021