CRTVG

Buscar

Comeza o ensilado do millo na mellor campaña dos últimos anos

Publicado o 06/10/2021 15:01

Ata 55 toneladas de millo forraxeiro por hectárea se poderían coller este ano nas comarcas leiteiras galegas. A calor e a chuvia do verán favoreceron o crecemento das plantas, que están agora no seu punto óptimo en canto a calidade e cantidade. O tempo seco e solleiro destes días tamén axuda a que o cereal chegue ao silo nas mellores condicións.

"O millo está moi san e iso nótase en que vai aumentar moito a calidade e a cantidade", di Carlos Dablanca.

A ausencia de pragas e a redución do impacto dos ataques dos corvos e os xabarís ao millo forraxeiro tamén contribuíron a que a colleita deste ano se presente como excepcional. Aumentar o alimento das vacas facilitará aos gandeiros poder aforrar nos custos de alimentación das vacas ao reducir as necesidades de concentrados.

"O millo é a mellor opción porque permite en pouco tempo ter unha colleita moi boa e ampla".

O millo é o alimento que mellor garante que as vacas alcancen os elevados niveis de produción de leite que se alcanzaron nos últimos anos.

 

Noticias web

06/10/2021