CRTVG

Buscar

Comeza o curso nas escolas infantís privadas

Publicado o 01/09/2020 09:23

É unha das imaxes do día; hoxe volven abrir as súas portas as escolas infantís privadas e as municipais que así o decidan. Hoxe é un día importante porque os máis pequenos, os menores de tres anos, volven ao curso escolar e teñen que adaptarse ás medidas marcadas por causa do coronavirus. O protocolo é moi extenso, inclúe moitas medidas e tamén supón moita responsabilidade para pais e profesores.

Visitamos unha escola infantil en Santiago para coñecer ese protocolo da man da súa directora, Beatriz Quintáns.

Noticias web

01/09/2020