CRTVG

Buscar

Comeza o cribado de volutarios para a vacina española de Hipra

Publicado o 16/08/2021 08:49
Comeza o cribado de volutarios para a vacina española de Hipra

Hoxe a primeira vacina española fronte a covid, que está en probas, da un paso máis cara converterse nunha realidade: están facendo a primeira selección de voluntarios que participarán no ensaio clínico con humanos.

As probas estanse a realizar en dous hospitais cataláns: un en Girona e tamén no Clinic de Barcelona. O laboratorio que recibiu autorización da Axencia española de medicamentos para facer este ensaio é Hipra, tamén catalán. Deste cribado saíran arredor de 30 voluntarios de entre 18 e 39 anos. A condición é que non pasaran a enfermidade nin estean vacinados previamente.

A previsión é que cada participante reciba dúas doses, separadas por 21 días.

 

Noticias web

16/08/2021