CRTVG

Buscar

Comeza o cribado a 3.000 veciños de Mos na procura de asintomáticos

Publicado o 11/01/2021 20:44

As 3.000 persoas citadas dun total de 15.000 habitantes representan unha quinta parte da poboación de Mos. Segundo informou o Sergas, os requisitos para os chamados son ter entre 18 e 60 anos e non ter realizado ningunha PCR nas últimas dúas semanas.

O obxectivo das autoridades sanitarias é seguir a evolución do virus durante as pasadas festas do Nadal e captar o maior número de casos asintomáticos. A participación é voluntaria nestas probas que se realizarán ata a xornada do mércores.

Cunha evolución media de 40 novos casos diagnosticados, polo de agora Mos está no nivel medio-alto de restricións con mobilidade limitada aos municipios lindeiros de Vigo, Nigrán, O Porriño, Gondomar e Redondela.

Noticias web

11/01/2021