CRTVG

Buscar

Rodan no Vicedo 'Jakobsland', unha curtametraxe sobre o pasado viquingo galego

Publicado o 17/09/2021 15:08
Rodan no Vicedo 'Jakobsland', unha curtametraxe sobre o pasado viquingo galego

Esta fin de semana O Vicedo transfórmase en escenario cinematográfico. Comeza a rodaxe de 'Jakobsland', unha curtametraxe viquinga ideada pola produtora Queiman e Pousa. Trátase dunha proposta innovadora que percorre lendas e mitos e pretende manter vivo o espírito da romaría viquinga do Vicedo.

Un documento histórico que se filmará en espazos únicos como o Fuciño do Porco ou a praia de San Román.

Noticias web

17/09/2021