CRTVG

Buscar

Comeza nas Rías Baixas a Copa de España de longa distancia de catamaráns

Publicado o 06/08/2020 14:59

Quince catamaráns e as súas tripulacións participan nesta regata Rías Baixas cata raid Copa de España de longa distancia. Son regatistas de entre 18 a 72 anos que valoran especialmente as características das Rías Baixas para a práctica da vela.

A primeira parte da etapa foi dende Vigo ata as Cíes, e despois dunha parada nas illas continúa ata Portonovo. Esta festa das rías, congregou no real Club Náutico de Vigo moitos amantes deste deporte.

En total, os participantes percorrerán máis de 100 millas en 4 días de regatas nas Rías Baixas.


 

Noticias web

06/08/2020