CRTVG

Buscar

Sanidade pon o foco na Coruña: cribado masivo e tests no aeroporto e na estación de tren

Publicado o 12/03/2021 15:15

Sanidade vai citar cada día arredor de tres mil veciños mediante unha mensaxe coma esta no móbil que figure na súa tarxeta sanitaria.

"Comezamos co centro de saúde do Ventorrillo, con 17.000 persoas", di Rocío Pouso, coordinadora.

Nos seguintes días irán citando os coruñeses de todos os distritos, en total 153.000.

Tratan de que aflore o maior número de casos posibles, especialmente os asintomáticos, que non se revelan doutro xeito, e que son transmisores sen sabelo.

Entre 24 e 48 horas despois, o Sergas informará a todos os participantes do resultado da analítica, tamén os que dean negativo, mediante outra mensaxe no móbil.

Noticias web

12/03/2021