CRTVG

Buscar

Comeza en Santiago a XVIII edición do Festival Internacional de Cine Curtocircuíto

Publicado o 01/10/2021 21:32

Comeza a edición número 18 do Curtocircuíto: o festival de cine compostelán. O punto de encontro das pólas que vertebran o feito cinematográfico. Falemos de cine: 33 sesións, arredor de 120 filmes e figuras internacionais e da terra. Nesta sección coñeceremos o traballo da galega Enar de Dios.

A oferta é ampla, tanto de países de procedencia dos filmes como do xénero e proxecto: autores emerxentes, 15 estreas, 39 películas a competición, documentais ... Todo baixo unha nova imaxe gráfica, inspirada nun deporte minoritario que consite en explorar novos territorios

E para exploralos os lugares de sempre, pero cunha nova ocupación do 75%. Na Sala Capitol música, a que non falta no Curtocircuíto. O primeiro concerto cos madrileños Somos La Herencia.


 

Noticias web

01/10/2021