Comeza en Santiago a Semana de Cinema Euroárabe
Publicado o 21/10/2019 15:41
Esta tarde comeza no Teatro Principal de Santiago unha nova edición, e xa van 17, da Semana de Cinema Euroárabe Amal.
9 filmes, coa realidade de Oriente Medio como pano de fondo, poderán verse ata o próximo venres nesta mostra. A guerra empeza aquí, un documental sobre o lucrativo negocio do comercio de armas, é o filme escollido para a sesión inaugural.