Comeza en San Millán da Cogolla a Conferencia de Presidentes, coa inesperada presenza de Urkullu
Comeza en San Millán da Cogolla a Conferencia de Presidentes Autonómicos. E sorpresa de última hora, coa presenza de Ínigo Urkullu, que ata a última hora negara a súa asistencia. Mantén a súa negativa o catalán Quim Torra. O presidente galego foi o primeiro en chegar ao recinto.
Tamén puidemos ver a entrada da presidenta madrileña, do cántabro Miguel Ángel Revilla e de varios membros do Goberno, entre eles o ministro de Sanidade, que xa participara en todos os encontros telemáticos durante o estado de alarma.
Nesta Conferencia de Presidentes van discutir como se van repartir os Fondos Europeos para a reconstrución económica que lle corresponden ao Estado.
Aínda que non hai unha orde do día prefixada, o presidente galego quere que se determine que os criterios de repartimento sigan os mesmos principios que se usan para o financiamento normal das autonomías.
O rei Filipe VI vai abrir a Conferencia.