CRTVG

Buscar

Comeza en Pontevedra o xuízo contra unha suposta banda de ladróns que actuaba no Porriño

Publicado o 28/05/2019 16:51

Cinco mozos veciños do Porriño sentan no banco dos acusados da Audiencia de Pontevedra pola súa presunta participación nunha vaga de roubos nesa localidade pontevedresa.

Entre xaneiro e marzo de 2018 asaltaron, supostamente, empresas de construción, obras, un autolavado, bares, un taller, unha tenda de electricidade e unha vivenda.

Todos menos un están en prisión provisional por estes feitos e esta mañá só quixeron contestar as preguntas dos seus respectivos avogados.

O único que está en liberdade é o que se enfronta a unha pena menor de cárcere: un ano e dez meses por un roubo con forza nun establecemento comercial, que recoñeceu.

O resto de procesados, algún cun amplo historial de condenas, só recoñeceron unha parte dos roubos que lles atribúe o fiscal e polos que se enfrontan a penas que van de seis a oito anos de cárcere.

Noticias web

28/05/2019