CRTVG

Buscar

Comeza a vendima na Ribeira Sacra, nun viñedo da subzona de Amandi

Publicado o 28/08/2021 14:53

Últimos traballos neste viñedo da Ribeira Sacra antes de comezar coa vendima, prevista para os próximos días. Serán os técnicos do Consello Regulador os que estimen a data máis idónea, segundo a maduración das uvas. Con todo, nunha parcela xa comezou a vendima, a máis madrugadora de Galicia xunto con Valdeorras.

Na denominación de orixe Ribeira Sacra agardan que esta campaña sexa como a de anos anteriores. Contan con chegar aos seis millóns de quilos de uva.

Aínda que a calor e as chuvias non foron as máis adecuadas, contan igualmente cunha uva de calidade.

Un viño con personalidade que identifica á viticultura da Ribeira Sacra.

Noticias web

28/08/2021