CRTVG

Buscar

Comeza a vacinación de efectivos das forzas de seguridade e outros colectivos esenciais

Publicado o 02/03/2021 14:49

Efectivos das forzas de seguridade en Galicia comezan a recibir a vacina contra a covid. Xunto a eles, outros colectivos esenciais como bombeiros, funcionarios de prisións, traballadores de centros de menores ou farmacéuticos. 

Son profesionais menores de 55 anos aos que se administra a vacina Astrazéneca. Un proceso que se compaxina coa vacinación dos maiores de 80 anos.

Os primeiros axentes da Policía Autonómica de Ourense comezaron a recibir a vacina. Os que estaban de servizo, de uniforme, o outros de paisano. Todos con ganas de atallar esta pandemia.

 

Noticias web

02/03/2021