CRTVG

Buscar

Comeza a vacinación de adolescentes nos Estados Unidos

Publicado o 13/05/2021 08:09
Comeza a vacinación de adolescentes nos Estados Unidos

Dende hoxe, os adolescentes dos Estados Unidos poden vacinarse contra a covid. Son 17 millóns de mozos, entre 12 e 15 anos, que poderán ser inmunizados en farmacias, a través de médicos ou en clínicas e escolas. Algúns estados xa abriron o rexistro de vacinación deste grupo o martes, pero é agora cando a vacina de Pfizer conta con beneplácito das autoridades reguladoras. O Goberno anima a que os pais leven os seus fillos a vacinarse; nos últimos meses, a porcentaxe de casos de covid 19 nos Estados Unidos entre nenos e adolescentes superou os de maiores de 65 anos. 

Noticias web

13/05/2021