CRTVG

Buscar

Baiona e Sanxenxo non poden abrir os interiores dos locais de hostalaría no inicio da Semana Santa

Publicado o 26/03/2021 15:36

Sanxenxo e Baiona, os dous grandes motores turísticos de Galicia, reciben a Semana Santa no nivel alto de restricións. En total, son sete os concellos que están neste chanzo. A repunta de casos tras a ponte de San Xosé obrigou a tomar esta decisión. 

En todos estes municipios, o interior dos locais de hostalería deben permanecer pechados. Por iso, moitos restaurantes decidiron non abrir, cando xa tiñan as neveiras cheas. Tamén se anularon contratos de persoal que viña de reforzo.

"Poder traballar so con 20 persoas en terraza exterior, non é traballar", comenta o camareiro Francisco Herbés. "Houbo que anular  pedidos", conta Jose Manuel Rodríguez, tamén profesional do sector.

O comercio en xeral tamén se vai resentir. Chega a colección de verán sen ter vendida a de inverno. "Agora mesmo estamos co de inverno de rebaixas que estamos intentando sacar todo para limpar un pouco o almacén, e o novo que xa nos está entrando", indica Brenda González, dependenta.

Sanxenxo pasou de ter 15 positivos hai xusto unha semana, a máis de 40. A ponte de San Xosé pasou factura.

"Das praias ninguén se preocupou que había moítisima xente sen máscaras, sen repectar distancias", quéixase Jose Manuel Rodríguez.

A previsión de bo tempo para este comezo da Semana Santa polo menos vai garantir poder traballar en terraza.

Noticias web

26/03/2021