Comeza a rodaxe de "María Solinha", a sétima película de Ignacio Vilar
Publicado o 13/08/2019 19:05
O director ourensán Ignacio Vilar comeza vindeira semana a rodaxe de "María Solinha", a súa sétima película, na que revisa a historia desta viuva rica do século dezasete que foi acusada de bruxería.
Cangas, Redondela e a illa de Toralla son os escearios elixidos para a rodaxe de "María Solinha", a película de Ignacio Vilar sobre a vida desta viúva de Cangas que loitou por ser unha muller libre. Ser´o debut de Grial Montes no cine.
Ignacio Vilar reuniu lendas da bisbarra pra darlle forma a esta nova Maria Solinha. A rodaxe comeza o luns cun elenco case o 100% galego.