CRTVG

Buscar

Comeza a retirada dos bloques de pedra dos Cantóns da Coruña

Publicado o 03/05/2021 14:58

Coa retirada dos bloques de pedra comeza a remodelación da calzada dos Cantóns e a súa continuación cara á Mariña. Dos catros carrís actuais só quedarán dous, un por sentido. E desde ese momento a circulación quedará limitada aos autobuses urbanos e metropolitanos, taxis, bicicletas e aos escasos coches privados que contan con praza de garaxe na zona. Pero os que acostuman pasear por esta zona aplauden a restrición de coches e a ampliación desta beirarrúa ata a medianeira.

A reforma converterá a rúa Compostela, rúa Nova, Entrexardíns e o último treito de Santa Catalina en peonís. Moitos dos hostaleiros e comerciantes cren que van saír beneficiados. O obxectivo deste proxecto urbanístico, segundo o Concello, é construír unha cidade máis amable e sostible. De cumprirse as previsións, as obras deberían estar rematadas o 4 de xuño.